Roda de Banners de Internet Galicia-
A Roda de Banners de Internet Galicia permite que o seu banner apareza nos 20 portais temáticos da nosa Plataforma.
Nestes momentos, os portais - que seguen a medrar en número - son: www.xuntos.info, www.concellos.info, www.comunicaciongalicia.com, www.construcciongalicia.com, www.culturagalega.info, www.deportesgalicia.com, www.educaciongalicia.com, www.empleogalicia.com, www.empresasgalicia.com, www.feriasdegalicia.com, www.futurologia.info, www.galegos.info, www.institucions.info, www.xuventude.info, www.diadasletrasgalegas.com, www.modagallega.com, www.automociongalicia.com, www.turismogalicia.info, www.websgalicia.com, www.escaparategallego.com.
Correlativamente, os banners aparecen nas páxinas dos portais da nosa Plataforma (Empresas, Cultura, Xuventude...), cada vez que unha visita accede á Plataforma, e cada vez un distinto, polo que cada banner sae a mesma cantidade de veces. A cota é fixa, xa que non se cobra por número de visitas. Se lle interesa, podemos informalo das veces que se visualiza, así como de cantas veces se entra na súa páxina a través do banner.
Para entrar nesta Roda, debera Vde. efectuar o pago correspondente á opción elixida. Feito este pago, a factura halle chegar (vía email ou correo ordinario). Nun prazo de entre 24 e 48 horas, poñerémonos en contacto con Vde. para que nos envíe o banner e facer efectivo o noso servizo.
A continuación debe crear un banner de 468x60 píxeles e enviárnolo a Internet Galicia. Se non o ten, infórmenos e nós confeccionarémosllo. Se Vde. se encarga del, teña en conta o tamaño, que non pode ser maior nin menor do indicado, xa que os banners aparecen nun espazo de dimensións determinadas, e se non se axustase non se vería ben. Para outros tamaños, consultar.
Estes banners poden ser estáticos (un só fotograma ou banner que non cambia) ou dinámicos (banners que parecen móbiles ou películas, que constan de varias fotos ou fotogramas). Recoméndase comezar cun estático e, máis adiante, cando controlen os dinámicos, cambialo.
Hai que ter en conta que un Banner non debe exceder dun peso máximo, chamándolle peso ó tamaño en 'Kilobytes', xa que estaremos limitados a uns 10Kb aproximadamente. Recoméndase utilizar o menor número de cores posible, xa que -por exemplo- con 16 cores pódense crear banners moi xeitosos. Non obstante, existen programas que "alixeiran" o peso dos banners ó optimizalos. Tamaño, 468 x 60, píxeles.
Banners fixos
Outra opción son os banners fixos en cada portal, anuncios de publicidade de diversos tamaños, que estarán situados nunha posición fixa, polo que serán visibles sempre dentro das subpáxinas do portal que Vde. seleccione.
Tamaños: 468 x 60, píxeles
120x30 / 60 / 90 /120
140x30 / 60 / 90 / 120/ 140
180x60 y 360 x 60










